Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ESTUDOS XURÍDICOS SOBRE O DECRETO PARA O PLURILINGÜISMO

€16,00
ISBN 9788484871894

Esta obra compendia sete traballos doutros tantos xuristas que abordan dende diferentes perspectivas xurídicas a norma que regula o ensino das e nas linguas oficiais no sistema educativo non universitario de Galiza.

Ao longo dos estudos o/a lector/a atopará cumprida explicación xurídica do significado do Decreto e as razóns polas que se cuestionan algúns dos seus contidos, tanto a nivel de técnica lexislativa como da regulación de fondo.

O libro, froito da reflexión individual e colectiva de prestixiosos/as xuristas do noso País, está concibido quer para o público especializado –xuristas e docentes universitarios–, quer afectado polo ámbito da norma –profesorado, estudandado e nais e pais de alumnos/as– quer para o público en xeral. A súa densidade conceptual non lle resta claridade e pola contra trata en profundidade os temas co obxecto de acadar, mediante a argumentación xurídica, a transmisión do fundamento da crítica ao contido, baixo os parámetros do rigor intelectual, que en ocasións desembocan na súa consideración como norma contraria ao conxunto do ordenamento xurídico, mentres que noutras merecen a súa aprobación.

O conxunto da obra amosa unha visión xurídica integral do texto regulamentario, e pretende achegar ao debate social unha reflexión seria, científica e crítica sobre esta norma que tanto ten axitado a conciencia colectiva do noso pobo, por condicionar directamente os hábitos e a normalidade social da nosa lingua.

_____

Editorial: Laiovento 2010

Idioma: Galego