Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ESTRANXEIRAS

€17,50
ISBN 9788411101554

A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présas e levando consigo pouco máis que o portátil e unhas mudas. A menos de dous quilómetros, noutro punto da aldea, Maruxa recibe a súa neta Mara e a crianza desta que, coa intención de pasar o verán na casa familiar, descargan algunhas maletas e non esquecen o libro das fadas. Arredor da oposición veciñal a un proxecto urbanístico preto do río, un amplo elenco de personaxes vese fiado por un rural que se debate entre a desaparición e a renacenza. Carmen P.G. Granxeiro constrúe en «Estranxeiras» un relato de esperanza no cal a realidade queer, as transicións e a historia colectiva conviven nun podcast, en múltiples vidas e nalgunhas mortes.

____

Editorial: Xerais 09-2022
Idioma: Galego