A pedagoga progresista galega que defendeu a educación laica e igualitaria en plena ditadura.
Relato vital dunha muller galega do século XX.
Co mesmo estilo narrativo con que contaba películas e comentaba a actualidade a un alumnado engaiolado, a metade de camiño entre un guión de cine e os contos ao pé da lareira, Antía Cal fainos percorrer en Este camiño que fixemos xuntos o relato vital dunha muller galega do século XX.
Nestas páxinas repásanse soños, proxectos compartidos, crónica dos amigos, lembranzas felices e momentos duros, mais sempre coa ilusión de quen sabe que o camiño é posible e moi fermoso para facelo cos demais.
Galeguista e comprometida contra Franco, fundou a pioneira Escola Rosalía de Castro en 1961 en Vigo.
O colexio Rosalía de Castro abriu as súas portas en 1961, laico, mixto e igualitario. Cal inspirouse nas teses do pioneiro pedagogo suízo Johan Heinrich Pestalozzi, un ilustrado que prescribía acompañar ao neno na súa aprendizaxe, non adiantarse ao mesmo.
Unha escola inserida no entorno social, comprometida coa reivindicación da realidade e a cultura galega, e en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica, coma a Escola de Mestres Rosa Sensat de Cataluña.
____
Editorial: Galaxia 2015Idioma: Galego