O que son as cousas
ENSER é un libro breve e xeneroso, escrito con brillantez e cunha atención característica que atende tanto á rítmica do texto como á música da fala. Contén comedia, afecto examinado, contemplación, unha teoría erótico-demográfica, queixas, intuicións filosóficas, cálculos, propósitos subversivos (ou de emenda), vagos manifestos, hipocondría, resentimentos ben mantidos, versos e magníficas observacións políticas. Hai nel un humor sobrio e un emprego coidadoso da temperatura emocional, e a súa amabilidade é compatible cunha dureza que, máis que un trazo argumental, é unha virtude estilística. Unha dureza que é claridade, ou ausencia de elementos superfluos (Pablo Seoane).
____
Editorial: Galaxia 09-2022Idioma: Galego