Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

EN GALEGO, EN CURTO, EN GALICIA

€14,00
ISBN 9788412962888

Este conxunto de relatos curtos ten un contexto común, tan pequeno en aparencia como infinito en realidade: o da nosa terra galega. Unha visión crúa e sen ambaxes da alma mariñeira. A Galicia profunda. A solidariedade en clave galega. Un achegamento ao mundo das meigas e os espíritos, que habelos hainos. Unha viaxe pola liña, ás veces imperceptible, que delimita o mundo real e o dos soños. A corrupción. Unha reflexión en forma de diálogo entre un avó e un neto sobre a pegada terrible que deixou a pandemia da COVID-19 nas nosas vidas.

Un exemplo de como unha primeira impresión pode ser tan subxectiva como inxusta. Unha historia de emigración dende unha perspectiva distinta. Estas e outras temáticas compoñen o que pretende ser un pequeno universo narrativo que intenta abranguer, cun aquel intimista, algunhas das características que debuxan o comportamento e a maneira de entender a vida dos galegos.

____

Editorial: Toxosoutos  08-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 198
RELATOS