Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

DÍAS DE INTEMPERIE

€16,00
ISBN 9788491519072

Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade,

o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra.

Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraí-so dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus personaxes en situacións límite para que nos ofrezan o mellor e o peor de si. Relatos duros que nos enfrontan co espello para sabermos o lugar que poderiamos ocupar en conflitos tan diversos como os que acollen estes relatos. E tanto ten que a guerra se desenvolva en Ucraína, Siria, Rusia, Vietnam ou na raia seca ourensá. O importante nestas historias é o resultado conmovedor dunha escrita poderosa que, unha vez máis, ispe os personaxes para os deixar nunha intemperie que tamén podería ser a nosa.

Editorial: Galaxia 10-2022

Idioma: Galego