Aínda se sentía a calor revolucionaria da Comuna de París de 1871 cando chega a París, dous anos despois, Hubertine Auclert, unha muller esencial para o feminismo, a primeira en usar o termo e unha das súas pioneiras e máis firmes defensoras.
Neste libro damos a coñecer non só ás páxinas do recuperado "Diario" e dos folios soltos, senón que, para valorar moito mellor o traballo político da feminista, realizamos a tradución dalgunhas das súas destacadas colaboracións na prensa(La Citoyenne; La Libre Parole; Le Radical) e incluímos un dos seus discursos máis potentes, o que fixo no III Congreso ObreiroSocialista de Marsella de 1879.
A memoria debe ser un exercicio vivo de compromiso e comprensión do pasado. As experiencias vividas teñen o seu contexto, pero todas transmiten, no esencial, unha fonda ensinanza que convén asimilar para avanzar. A lectura de Hubertine Auclert permítenos iso.
___
Editorial: Laiovento 02-2024Idioma: Galego