Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

DESCRIPCIÓN DEL REINO DE GALICIA Y DE LAS COSAS NOTABLES DE ÉL

€22,00
ISBN 9788419040572

A Descripción del Reino de Galicia y de las cosas notables de él imprimiuna en Mondoñedo en 1550 Agustín de Paz e recolle en cinco partes o que o autor considera máis substancial de Galicia, da súa historia, das súas riquezas naturais, das súas marabillas artísticas e das súas liñaxes e estirpes nobiliarias.

Esta edición conta cunha introdución de Ramón Villares, un prólogo de Xe Freyre e unha gran cantidade de notas para entender a obra.

Bartolomé Sagrario de Molina
Consérvase pouca información sobre este autor de orixe malagueña e que debeu chegar a Galicia antes do ano 1542. Asentado inicialmente na Coruña, onde exerceu como relator na Real Audiencia, sábese tamén da súa estadía en Santiago e, talvez, en Ourense.  O bispo mindoniense Diego de Soto (1546-1549) reclamouno para a súa igrexa e outorgoulle unha coenxía, da que tomou posesión o 31 de xaneiro de 1547. Faleceu nesta localidade lucense arredor do ano 1575.

____

Editorial: Morgante 01-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 198
ANTROPOLOXÍA
 GALICIA
HISTORIA
VIAXES
XEOGRAFÍA