Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

CRÁTER

por Olga Novo
€15,00
ISBN 9788416721993

Comparece aquí o canto xeral das xentes que poboaban un mundo en extinción, nunha voz que chega desde o belvís da memoria facendo apoloxía dos traballos e os días da estirpe e a refutando o dano que lle causou á alma colectiva o abandono dos vellos vencellos coa terra; e di algunha vez a poeta: «Están os meus meus soños organizando o comité da noite». Comparece aquí tamén a fera tenrura, ou a tenra fereza, da unión libre no entusiasmo carnal, ese bum-bum, bum-bum da lava en corpos que se dan pracer ata o infinito. E di, outra vez: «Quero desatar e ser desatada». Por iso os poemas non son aquí formas pechadas, senón suxestións caudalosas discorrendo coa liberdade imprevisible dun corazón que se expresa de fóra cara a dentro. Cráter é, xa que logo, a asistencia ao laio polos rescaldos dun lume tribal e, asemade, á celebración das emanacións ingobernables das lapas da vida. E chega na voz dunha deusa campesiña con xurisdición no territorio bañado polo río Saa. E proclama: «Vilarmao, sempre!».

____

Editorial: Kalandraka 2022
Idioma: Galego