Oconxunto épico que nos lega, a través dos seus códices medievais, a antiga irlanda, resulta excepcional tanto polo seu arcaísmo e variedade como pola súa forza e poder de evocación poéticos.
Esta epopea, preservada pola escritura desde o século VII da nosa era, perviviu até a época moderna na tradición bárdica, da que foi rescatada polos cronistas, e en boca do pobo até os nosos tempos.
Reivindicadas polo Romanticismo, asociadas aos movementos de emancipación que suscitaron a simpatía da opinión pública, as vellas lendas gaélicas irrumpen na fantasía do noso mundo actual ocupando nela un lugar que non volveu a perder. Na presente colección reúnese unha mostra dos ciclos mitolóxico, da Rama Vermella e dos reis, traducida directamente do irlandés medieval, que pretende ofrecer unha visión sucinta mais variada e completa daquel universo heroico.

____