En todos os tempos e con todas as razas do mar, sempre existiu algunha historia fascinante sobre unha illa no medio do océano. A súa mesma existencia ten para todos os exploradores un ar máxico.
Unha illa ofrécenos unhas alturas que se elevan desde as profundidades, amósanos aquilo que está máis solidamente ancorado a carón daquilo que é máis cambiante, o fértil a carón do estéril, e a seguridade canda o perigo. O océano sempre tende a usurpar a illa, a illa que está sobre o océano. Existen un a carón do outro, amigos mais inimigos. A illa significa a seguridade na calma mais tamén o perigo no trebón. No medio dunha tempestade, o mariñeiro alégrase de non estar preto dela, e mesmo se se dirixía a ela, cambia de rumbo e diríxese a mar aberto. A miúdo cando a busca non a pode alcanzar».
Contos das illas extraordinarias do Atlántico reúne unha serie de relatos fantásticos creados polo maxín do ser humano desde os tempos dos gregos até a Idade Moderna nos que o denominador común son aquelas illas, reais ou imaxinadas, que sempre espertaron as fantasías de aqueles que ollan o mar con ollos soñadores
____