Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CHEVERE 1987-2022 TRINTA E CINCO ANOS DE AXITACION CULTURAL. ISTO NON PODE SER OBRA DE GALEGOS!

por Chévere
Precio original €39,00
Precio actual €37,05
ISBN 9788413431796
Chévere fai 35 anos e celébrao, logo de dous anos de estrañas circunstancias, traballando arreo e reencontrándose co público para ofrecerlle de novo algunhas das súas creacións máis senlleiras. Como parte desta celebración sae do prelo un volume no que os lectores e lectoras, poderán afondar na historia da compañía dende os comezos, na Compostela de 1987, ata os últimos acontecementos logo da pandemia, pasando pola etapa da Sala Nasa, o Nunca Máis ou o Premio Nacional de Teatro concedido polo Ministerio de Cultura no ano 2014 pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade. Narrado en primeira persoa nun formato dialogado e profusamente ilustrado, esta obra achéganos da man dos seus integrantes o proceso de creación das producións máis significativas, algunhas editadas xa por Kalandraka na Biblioteca de Teatro..  

____

Editorial: Kalandraka 11-2022
Idioma: Galego