Fun pasar as vacacións á Aldea Vella, onde vive meu tío Felipe, e botei alí unha tempada. E paseino ben, moi ben, falando con xentes dos arredores que sabían quen eu era; deprendendo novos xogos; vendo cada día ferramentas e animais que denantes só vira nos libros… E entre unha leria e outra, veña de chamarme “forasteiro”, con certa retrónica e con ese seu dicir tan chusco, tan pavero.
Editorial: Galaxia 06-2023
Idioma: Galego