Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CARTAS DENDE O ESQUENZO

€11,80
ISBN 9788491511571
É o diálogo entre un pai que envellece asfixiado pola perda da memoria e os seus fillos: un fillo que está dentro das súas palabras e unha filla que fala dende fóra, a pé da páxina.

Un esforzo por poñerse no lugar do que esquece, por delimitar o sentimento de quen é consciente de que camiña cara á amnesia, cara á disolución do seu eu nas palabras dos demais e nas que deixou escritas para evitar, dalgún xeito, o irremediable desenlace. Unha loita entre as linguaxes e a desaparición. Ramos, Baldo (Celanova, 1971) cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Ten publicado, entre outros, os libros: Palimpsesto (2009) e Cartografía do exilio (2014). Recibiu numerosos premios, entre outros, o Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Concello de Carral, Fiz Vergara Vilariño, e foi accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara e do Premio de Poesía Miguel González Garcés.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego