Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CARTA AO SEÑOR FUTURO

€13,00
ISBN 9788484871339

En Carta ao señor futuro atopamos o Eduardo Galeano que alza a súa voz contra as políticas neoliberais e contra os retrocesos nas conquistas e dereitos da clase traballadora; o Eduardo Galeano que pon a súa palabra ao servizo da denuncia dos intereses ocultos detrás das guerras imperialistas; o Eduardo Galeano que advirte do perigo que supón abusar da biotecnoloxía; o Eduardo Galeano que alerta contra as causas humanas dos mal chamados desastres 'naturais'; o Eduardo Galeano que combate a hipocrisía e o cinismo dos poderosos, a usurpación da democracia polos consellos de administración das empresas transnacionais, a perda de soberanía dos pobos que son gobernados por gobernantes que non gobernan porque son monicreques do gran capital; o Eduardo Galeano que se indigna fronte á exclusión e á pobreza de millóns de seres humanos, fronte á discriminación e ao racismo, fronte ao xenocidio dos pobos, fronte ao machismo...

Mais neste libro atopamos tamén o Eduardo Galeano que observa a realidade para transformala, pondo a súa palabra a favor da dignidade proletaria, da solidariedade, do dereito á rebeldía e a soñar.

____

Editorial: Laiovento 2007

Idioma: Galego