Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CARMINA BURANA. POEMAS DE AMOR

por Anónimo
€22,00
ISBN 9788419795106

 

Os Carmina Burana son a antoloxía de poesía da Idade Media máis ampla, máis variada e máis coñecida hoxe en día. Á fama e difusión da colección contribuíu, sen dúbida, a adaptación musical en forma de cantata de vinte e catro poemas do conxunto elaborada polo compositor muniqués Carl Orff (1895-1982) no ano 1937.

O manuscrito de Benediktbeuern foi trasladado en 1803 para a Bayerische Staatsbibliothek de Múnic, onde hoxe se custodia coa sinatura CLM 4660. Trátase dun códice en pergamiño, que consta actualmente de 112 folios e que foi copiado por dous amanuenses principais en letra gótica minúscula ao redor do ano 1230.

____

Editorial: Rinoceronte 12-2023
Idioma: Galego