Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CANTOS DE MALDOROR E POESÍAS

€16,00
ISBN 9788484870871

“Escribiu un libro que sería único se non existisen as prosas de Rimbaud; un libro diabólico e estraño, burlón e ouveante, cruel e penoso; un libro no que só se oen a un mesmo tempo os xemidos da dor e os sinistros axóuxeres da Loucura” (Rubén Darío).

“Todo o máis audaz que, durante séculos, se pense e se emprenda, encontrou aquí unha formulación anticipada na súa lei máxica. O verbo, xa non o estilo, sofre con Lautréamont unha crise fundamental, marca unha volta a empezar” (André Breton).

“A súa obra funciona como panca na situación que se deseña, pois, mellor que Hugo, demostra que mediante unha especie de maxia verbal ou de verbalismo encantatorio, a razón é capaz de mudanza e a lóxica da disolución” (Tristán Tzara).

“O sentido extraordinariamente positivo da contribución de Lautréamont consiste nunha avalancha de materiais brutos, aínda asolagados de xemas subterráneas -materiais para construír o home completo” (Julien Gracq).

“Esta imaxinación só parece pasar polos libros para reunir as grandes constelacións cuxas obras conservan a influencia, os feixes de imaxinación impersoal que ningún volume de autor pode inmobilizar e confiscar no seu proveito” (Maurice Blanchot).

“Poderíase en certo sentido, se se quixer insistir sobre a forza explosiva da obra, falar dunha operación de ‘dinamitaxe’ do relato polo discurso e reciprocamente” (Raymond Jean).

_____

Editorial: Laiovento 2005

Idioma: Galego