Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CANTIGAS DE SANTA MARÍA

por Afonso X
€14,00
ISBN 9788491516415

Edición facísmil. 800 anos Afonso X

As Cantigas de Santa María, que o rei Alfonxo X escribiu en galego, son, en xeneral, relatos de miragres. O estilo destes relatos poéticos é un estilo sinxelo e inxenuo; pero de tal coorido e forza narrativa que dan a impresión de seren contadas por un fiel testigo ocular.

Com motivo de se lle adicar no ano 1980 ao Rei Sabio o “Día das Letras Galegas”, Galaxia publica o presente volume, no que se recolle unha pequena escolma do Cancionerio marial do rei-poeta.

Fixo a escolma Álvaro Cunqueiro e a carón do texto orixinal de cada cantiga, puxo a correspondente versión ao galego moderno. No seu labor antolóxico, Cunqueiro procuróu recoller algunha cantigas que tiveran especial interés pra nós. Así, a de Santa María de Lugo, a dun romeiro de Santiago, e a da donosiña ou donicela do rei, que dí o propio Alfonso que “así a chaman os galegos”.

Os vintetrés poemas escollidos constitúen unha mostra reveladora da obra louzá e suxeridora que Alfonso X realizóu na nosa fala.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego