PREMIO MERCÈ RODOREDA 2019
Carlota Gurt debuta na literatura con Cabalgaremos toda a noite (Premio Mercè Rodoreda 2019), un talentoso libro que nos achega á liberdade, un abismo de desexos e medos ao que nos asomamos transitando por unha corda frouxa, con personaxes próximos, que poderían ser calquera de nós, cos seus amores e medos. Un avanzar ás escuras cara a metas aparentemente inalcanzables, que ao final non o son.
Un traballo cheo de humor, retranca e mala uva, que nos trae sorrisos e desacougos.
CARLOTA GURT DAVÍ (Barcelona, 1976) é tradutora e escritora. Estudou
Tradución e Interpretación, Humanidades, Empresariais, Estudos de Asia Oriental e Comunicación Audiovisual. Traballou no ámbito das artes escénicas (1998-2010), principalmente en La Fura dels Baus, e como xefa de producción no Festival Temporada Alta. Posteriormente, deu o salto ao mundo da tradución. Durante cinco anos dedicouse á sobretitulación teatral e tradución corporativa para centrarse na tradución editorial, principalm ente novelas, do alemán e o inglés para o catalán. En 2019 gañou o Premio Mercè Rodoreda coa colección de contos Cavalcarem tota la nit, e en 2020 publicou Soa, a súa primeira novela.
______
Idioma: Galego