Este é un libro para xogar. Aquí, as historias non están escritas, están agochadas e agardan por ti. Cada páxina é un mundo distinto: a neve, a estrada, a festa, o mar... E as letras e palabras xogan ás escondidas. Atoparalas todas Aprende ortografía mentres buscas e encontras. Un libro divertido, visual e cheo de sorpresas.
Olaia Sendón (Ourense, 1978). É licenciada en Comunicación Audiovisual e profesora na Escola de Imaxe e Son da Coruña. É tamén autora de documentais e pezas de videoarte, presentes en diferentes concursos e festivais. Como escritora e ilustradora, en Xerais publicou os álbums ilustrados «A crebeira Marabillas» (2021) e «A fotógrafa Perpetua» (2023), así como a proposta de ortografía visual «Buscaletras» (2026). Coa súa primeira novela, «Nave» (2024), e con «A Casa Grande», foi finalista do XV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e do XLII Premio Xerais de Novela, respectivamente.
_____
Editorial:XERAIS 02-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 68
INFANTIL - MERLÍN
DE 3 A 4 ANOS