Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

BSANDA EBÉ

€15,00
ISBN

Na liña dos atentados de Berlín, Londres, Niza e Barcelona, ás 23:41 horas do martes 14 de agosto de 2018, unha camioneta invadía a beirarrúa do Cantón Grande da cidade da Coruña, atropelando os infortunados que atopaba no seu camiño.
Cando a camioneta se detivo, apeáronse dela dous homes. O condutor axeonllouse no chan, sacou un coitelo e, despois de berrar “Allahu Akbar” (Deus é o máis grande), rebandou o pescozo. O outro ocupante da camioneta perdeuse entre a multitude e fuxiu. Uns minutos despois, morría abatido polos disparos dun axente de policía.
O mozo, orixinario de Nahali, un pequeno país da África subsahariana, chamábase Bsanda Ebé. Na lingua do seu pobo, a etnia shalawi, Bsanda Ebé significa “Deus habita en ti”, aínda que tamén se pode traducir como “o destino é implacable”.
Ou como “espada de Deus ”.

Sobre o autor e a súa obra, a crítica dixo:

“Dans atópase cómodo no territorio da linguaxe…, nun coidado estrito por cada palabra, por cada xiro” (Inma López Silva).

“Hai libros de teatro que se deixan ler mellor que moitas novelas. Gústame quen intenta saltar por enriba dos xéneros en cada texto” (Miguel Sande).

“O mundo do teatro galego ten en Raúl Dans un dos seus máis sólidos valores… A súa escrita pode lerse igual como teatro narrativo que como narrativa dialogada” (Armando Requeixo).

“É un autor dotado dun agudo sentido da composición… A linguaxe de Dans é rica e precisa, cun sentido do ritmo interno que acelera a lectura” (Xesús González Gómez).

“É incuestionable o seu compromiso co carácter literario da escrita teatral…, a valentía con que afronta dende unha perspectiva moral temas complexos e mesmo polémicos por teren unha actualidade que Dans consegue transcender” (Dolores Vilavedra).

___

Editorial: Positivas 12-2025 
Idioma: Galego
Páxinas: 136
TEATRO