Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

BREVE CADERNO ADOLESCENTE

€10,00
ISBN 9788412539301
Coma o seu nome indica, este é un breve caderno adolescente. É o meu caderno, o cal existe de verdade, agochado nunha gabeta do meu dormitorio. Un caderno que naceu como elemento publicitario dunha coñecida marca de refrescos e que tratei de converter en algo máis. É o caderno dun rapaz que o comezou a utilizar na puberdade e que a día de hoxe, segue a nutrir cando a vida decide que é de recibo. Este libro recolle parte do traballo que agochan esas follas. Aquí están os poemas de alguén que reflexa en versos o seu paso cara á madureza, a través da intimidade e da crítica. Son as preocupacións de quen comeza a ser consciente do mundo no que vive e que termina por asentarse nel. Eis, o meu breve caderno.

____

Editorial: Toxosoutos 2022
Idioma: Galego