“Lembro, sendo ben neno, que nas mañás dos domingos acordaba eu no leito con ese saúdo radiofónico, que alegremente repetía para min a miña nai mentres me abalaba para me escorrentar o demorado sono domingueiro.
Miña nai, sempre o fixo así, xa estaba ó tanto cando viña chegando a hora, escoitando Radio Carve a pouca voz. E xusto, xustiño cando comezaba a nosa emisión, bulía a lle dar todo o volume berrando ela tamén un ¡Bos días, galegos. Eiquí Sempre en Galicia! en resposta ó saúdo que nos chegaba do éter.
E naquela media hora (unha media hora que, segundo as queixas da miña nai, adoitaba non pasar moito dos vinte minutos) a nosa casa enchíase toda cos aires da Terra. Unha Terra da que eu non tiña, non podía ter, lembranza ningunha”.
Montevideo, 1950.
A voz dos galegos sae por primeira vez ó ar.
_____
Editorial: Laiovento 2002
Idioma: Galego