Un libreiro aparece asasinado nunhas termas de Ourense. El sabía onde está a Boca do Inferno, o acceso ao lugar onde arden os condenados.
O malvado Jacques Bourget du Lac anda á procura desa entrada para facerse co poder que outorga: enviar as persoas ao averno ou salvalas do padecemento. Soamente Tintimán, un reporteiro de 16 anos, poderá impedirllo. Conta coa axuda do seu gato, Señor Grozni, e de Mónica, unha amiga que teima en ser a súa moza. Tintimán vivirá unha nova aventura con amor e misterio na cidade das Burgas.
Idioma: Gallego

____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego