Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

BAIXO O SIGNO DA BIPOLARIDADE. A POESÍA DE MARÍA MARIÑO CAROU

€20,00
ISBN 9788491513926
Despois de ler esta monografía de Xosé Luís Sánchez Ferraces entendemos mellor, moito mellor, aquela muller que se fixo poeta nas terras do Courel, onde, durante vinte anos, soportou as súas depresións, que foi a materia do seu canto. Escribíndoas, escribíndose, definíase e foi sobrevivindo.

Dese universo escuro e fondo fala con pericia e eficacia este libro do profesor Sánchez Ferraces, filólogo sempre, incluso nos momentos en que se nos mostra como un experto en saberes psicanalíticos, imprescindibles para internarse na floresta sombriza e mesta dos versos de María Mariño. Por se fose pouco —aquí a eficacia—, esta reveladora monografía está escrita, sempre, con rigor e co xeito literario impropio da aridez de tantos estudos. (Do limiar de Xesús Alonso Montero)

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego