Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

AS CONSECUENCIAS DA VELLA HISTORIA

€14,00
ISBN 9788412393330

Thérèse Desqueyroux, publicada orixinalmente en 1927, é a obra máis celebrada de François Mauriac, escritor distinguido co Nobel de Literatura en 1952 que converteu os conceptos de culpa, compromiso e xustiza en piares do seu labor. En 1950, a obra foi recoñecida por un xurado especializado como unha das doce mellores novelas en lingua francesa da primeira metade do século XX.

Thérèse, orfa de nai e criada sen afecto por un pai centrado nas súas ambicións, tenta envelenar o seu home, Bernard, un pequenoburgués das Landes afincado na tradición, de carácter melifluo e obtuso. Porén, a fin de minimizar o escándalo, Bernard declara en favor da esposa. A familia será o cárcere de Thérèse, obrigada a sacrificar a súa felicidade individual en prol do convencionalismo social.

A partir dunha lembranza de adolescencia, Mauriac crea unha trama na que predominan o estilo denso e concentrado, a linguaxe metafórica e a incorporación de elementos como a sexualidade, o illamento e o castigo das mulleres. O resultado é unha obra ambigua, complexa e dunha gran riqueza literaria. Polo comezo abrupto, a alternancia de tempos verbais, a recorrencia de elipses e analepses de carácter reflexivo, a inclusión do discurso indirecto, o monólogo interior e outras peculiaridades narratolóxicas, a novela é ben máis ca un texto de inspiración autobiográfica («Thérèse Desqueyroux son eu, desesperado», afirmaría o autor a imitación do dito por Flaubert sobre Madame Bovary).

____

Editorial: Hugin e Munin 2021
Idioma: Galego