Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

A VINGANZA DE FORTIMBRÁS

€10,00
ISBN 9788412325737

 III Premio LAUDAMUCO

Sobre unha lenda nórdica, Shakespeare conta unha traxedia e Cunqueiro tamén, pero o feito de que os dous a conten, cada un ó seu xeito, quere dicir que a verdade da historia ten moitas caras.

As escenas que presentamos son a narración dunha trama contra Elsinor, que, con ou sen razón, tentando conquistar favores, destrúen un reino e demostran que as guerras non se gañan con espadas senón con artimañas. Amósase que os seus artífices non son os protagonistas que pasaron á historia, que o cuarto poder, moitas veces, aproveitándose das crenzas, das supersticións e dos medos irracionais das persoas tanto como da mesma ambición dos actores da política, inclina o fel da xustiza a un ou outro lado.
Dígao quen o diga, cada autor ten a súa hipótese sobre o que pasou en Elsinor, pero cal foi a verdade de tan tristes acontecementos?

“Unha relectura na que os personaxes secundarios do drama orixinal pasan aquí a se converter en protagónicos, nun xiro de guión sorprendente e enriquecedor … Vinganza, sexo e poder son tres das forzas principais que están presentes na acción … interesantes modelos nos que habitan as luces e as sombras dos comportamentos humanos”.
(O xurado do III Premio Laudamuco.)

_____

Editorial: Positivas 2022
Idioma: Galego