María Casares naceu na Coruña no ano 1922, filla de Santiago Casares Quiroga, avogado e presidente do Goberno da República entre maio e xullo de 1936.
Logo do golpe de Estado, trasládase a París coa súa familia, onde co tempo chegará a converterse na primeira actriz de Francia.
Como peche da celebración do centenario do seu nacemento esta biografía de Anne Plantagenet nárranos a súa vida, preto e lonxe da escena, e amósanos a traxectoria dunha muller libre considerada a musa do existencialismo francés. Unha historia que amosa a paixón desta grande artista cunha vida de novela.
____
Editorial: Kalandraka 10-2022
Idioma: Galego