Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2005
Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 2006
Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2007
Lista de Honra do IBBY, 2008
Emocionante e descarnada novela sobre a recuperación da dignidade das mulleres e a necesidade de esculcar no pasado para facelo.
Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza.
Idioma: Gallego

____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego