Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A MESTRA CORREMUNDOS

€14,00
ISBN 9788412160475
Do ganchete e xa co abrigo de entretempo, Pura e Dora pasean por Ourense nun periplo que as leva desde a Alameda até o parque do Barbaña, pasando pola estación de tren, a zona vella e outros lugares da súa querida cidade. Con todo, a andaina é tamén unha oportunidade para que Dora nos fale dunha muller valente e talentosa, amante das palabras e dos retos e que nunca dubidou en levar a cabo o que se propuña. A muller máis importante da súa vida: a súa irmá Pura Vázquez.

Arancha Nogueira naceu un domingo de setembro preguiceiro como todos os domingos de verán. Foi no ano 1989 en Ourense, terra da chispa, das castañas e dos Entroidos (e tamén de Pura e Dora Vázquez). Foi bastante corremundos, pero leva uns aniños afincada en Compostela.

De pequena quería ser escritora, profesora e actriz de musical. Agora confórmase con ser as dúas primeiras, pero segue cantando e bailando na casa, onde monta grandes producións teatrais. Sempre lle gustou a escola, onde aprendeu a escribir, que é probabelmente a cousa que máis lle gusta no mundo. Ademais, vén dunha familia de mestres: mamá, papá, a avoa Paz...

Leva moitos anos escribindo poesía e algúns publicando libros, como o único lugar onde ficar inmóbil, #hashtags para un espazo agónico ou Dente de leite, pero sempre se lle fan poucos e apetécelle escribir máis. Se cadra porque desfruta de contar historias e aprender cousas, a outras e a si mesma, igual que fan as mestras e as viaxeiras.

 



____

Editorial: Cuarto de inverno
Idioma: Galego
Colección: INFANTIL