Este volume colectivo ofrece unha ampla panorámica sobre as máis recentes teorías da interpretación.
Elaborado por destacados especialistas dedicados á docencia e á investigación...
Este volume colectivo ofrece unha ampla panorámica sobre as máis recentes teorías da interpretación. Elaborado por destacados especialistas dedicados á docencia e á investigación ou que se ocupan directamente da creación escénica, cada un dos textos presenta enfoques posibles tanto para o traballo do actor e da actriz como para a necesaria reflexión sobre esa praxe, mostrando múltiples vieiros cheos de posibilidades. Nas súas páxinas agroman teorías e propostas dos grandes mestres da interpretación, pero tamén achegas máis recentes, o que permite ofrecer unha sorte de estado da cuestión no inicio deste novo milenio. Phillip B. Zarrilli, coordinador e editor do volume, é un destacado actor e director de escena especialmente preocupado en tender pontes entre a escena occidental e as tradicións orientais. Como investigador é autor de numerosos ensaios e imparte docencia na Universidade de Exeter.

____