Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A GRAN NOVELA GALEGA

€20,00
ISBN 9788419040077

O home máis rico de Galicia descobre durante o confinamento a súa paixón pola literatura galega e decide convocar un premio de novela dotado cun millón de euros.

Aspirantes de todo tipo, críticos e axentes literarios, xornalistas e políticos farán o posible por que gañe quen mellor represente os seus intereses.

César Cequeliños ofrece un retrato mordaz do panorama literario galego actual. Todo parecido coa realidade é pura coincidencia.

 

César Cequeliños (Arbo, 1977). Xornalista, editor e crítico literario. Coautor de varios libros infantís: Atlas da Galicia pequeniña, Historia da Galicia pequeniña, Un día de festa en… Allariz e Animais míticos do Camiño de Santiago. Dirixe a revista dixital Biosbardia e colabora coa revista Luzes e o Faro de Vigo. A gran novela galega é a súa primeira obra de ficción publicada.

____

Editorial: Morgante 02- 2023

Idioma: Galego