Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A COUSA ETERNA

€17,00
ISBN

A escoita, a oralidade no cotián, as referencias filosóficas, os ritos ou o poder do simbólico conforman A cousa eterna

"Sempre mirei as flores de plástico, com0 flores de plástico, e nunca as vin tan claras coma agora, óleos tranquilos arremedan o perpetuo, coma o pavo duro no conxelador". Son versos deste libro, A cousa eterna, de Celso Fenández Sanmartín. Un contraerse e expandirse que, di o poeta, son os movementos poéticos do diafragma. 

Celso Sanmartín observa o respirar lento do mundo, escoita as voces e véñenlle os fragmentos dun poema. Achégase á poesía, di no remate deste libro, non cun poder notarial, senón humilde e cegamente.

CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN

Son nado en Lalín no barrio da Cacharela no 1969.
Estudei a licenciatura de Filosofía en Santiago de Compostela
Teño convivido nalgunhas asociaciós, hoxe na que máis no Foro Para Cultivos Culturais
Traballei dez anos en Lalín mesmo como animador sociocultural nunha residencia de persoas maiores
Son horticultor por herdanza, por gusto e por necesidade
De oficio agora teño o de colleitador e contador de contos e historias de vida de tradición oral
Son poeta

___
Editorial: Apiario 12-2023 

Idioma: Galego