Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A BARCELONESA

€18,30
ISBN 9788491219149

En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos. Nesta novela tan persoal, Xabier Paz reconstrúe, coa súa habitual vocación estilística, os case cen anos de tensión entre a vida familiar e os acontecementos sociais que conforman as biografías particulares e vontades dos personaxes: a emigración cubana, o retorno triunfal, a guerra, a ruína económica e a loita pola supervivencia érguense como metáfora do país.A memoria vai compondo esta narración a dúas voces nun intento de completar a mera visión individual. Os dous narradores coa mesma partitura interpretan cadencias ben diferentes. O contraste entre a visión sensual e distante coa máis íntima e identitaria permite a contemplación contrastante dun pasado común. O edificio familiar, cumpridos os cen anos, aparece como sede da memoria doméstica e social, lugar onde reclamar os ausentes.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Galego