«A árbore que dá as lágrimas de Shiva» nace da desposesión, de desaprender. Na visión do sagrado é templo a árbore, a pedra pintada, a máis delicada alfaia mogol. O poeta vive dentro de si o intemporal humano. Sente o desamparo dos «invisíbeis», vulnerado pola súa mirada até ferilo e facelo sangrar. Desde o interior da linguaxe que lle nace do propio idioma, nomea o que permanece, achégase ás deusas que vencen a ignorancia co coñecemento e descobre a estarrecedora beleza e o continuo esgazamento de lugares onde o humano pode desaparecer na infinita crueldade do patriarcado.
____
Editorial: Xerais 2022Idioma: Galego