Dezasete segundos é a media de tempo que un visitante dun museo para diante dun cadro. Este libro recolle poemas escritos entre os anos 2002 e 2019. Dezasete anos tan longos coma dezasete segundos. Mais, se pensamos con atención, o ritmo da poesía é outro. A poesía consiste en parar o tempo, a poesía é mirada, a poesía é poñer atención en todo o que está a piques de desaparecer. Contemplar as cousas que nos rodean, ter presente que xa estiveron alí antes e que, moi probablemente, permanecerán no mesmo lugar nos tempos vindeiros.
____
Editorial: Galaxia
Idioma: Galego