Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O NOSO REFRANEIRO I E II

€24,00
ISBN WP1891
Dous tomos Estudo e clasificación temática. Cada comunidade humana, segundo as circunstancias que a individualizan, crea e recrea, a partir da súa propia capacidade de desenvolvemento unha cultura propia que a singulariza no contexto das outras comunidades máis ou menos próximas.

(I) Estudo e clasificación temática. Cada comunidade humana, segundo as circunstancias que a individualizan, crea e recrea, a partir da súa propia capacidade de desenvolvemento unha cultura propia que a singulariza no contexto das outras comunidades máis ou menos próximas. Con este volume o autor achéganos ao verdadeiro significado do refrán, partindo so suposto de que tal pretensión só é posible, dende a súa situación no seu propio contexto literario. (II) Do Fisterra galego e de Celanova. Nesta parte non se ofrece só o resultado dunha ampla recolleita de máis de catro mil refráns, senón tamén unha rigorosa aproximación á singularidade e ao significado dun contexto sociocultural concreto. Os refráns, como todos os xéneros da literatura de tradición oral, cando son o resultado dunha cultura viva, abrollan, no seu contexto natural como a auga na fonte cando un se achega para beber: espontaneamente. O fraseoloxismo, o refrán, o dito, o proverbio, o dialoxismo, a locución, a cantarea, a adiviña, o romance, o conto... transmiten sempre esas mesmas ensinanzas. «Os refráns son evanxeos pequenos».

____