Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

CONTOS DO SACAÚNTOS. ROMASANTA, O REO

por VV.AA
€13,00
ISBN 9788494774812
Os relatos que compoñen este volume son unha pequena mostra do enorme interese e potencial que a día de hoxe continúa a ter o caso Romasanta, que aquí uniu Galiza con Portugal, a narrativa coa divulgación ou a ilustración co Dereito Penal.

Este libro xurdiu grazas á convivencia dun grupo de autoras e autores da Galiza e Portugal durante as VI Xornadas Romasanta, organizadas pola Fundación Vicente Risco en outubro de 2016. Durante o encontro, un grupo de especialistas nos aspectos penais do caso Romasanta, expuxeron os seus coñecementos arredor dos cárceres e as condicións en que vivían nelas os reos como o Sacaúntos de Allariz.

____

Editorial: Urco
Idioma: Gallego