Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OS RASPIÑEIROS

€16,00
ISBN 9788416884599

(dispoñible dende o 19 de setembro)

Arrietty, unha rapaza diminuta, vive coa súa familiabaixo o chan dunha casa que non lles pertence. Todos eles son raspiñeiros, que viven decote a aventura de ir buscar provisións de toda clase, tentando non ser “vistos” polos seus xigantescos veciños humanos. Pero un día Arrietty coñece un rapaz humano, e todo cambia.

Kathleen Mary Norton naceu en 1903 en Buckinghamshire e criouse nunha casa en Bedfordshire, onde localizaría o seu libro Os raspiñeiros, publicado en 1952 e coñecido en todo o mundo.

Logo de casar, viviu en Portugal e no Reino Unido, pero na II Guerra Mundial emigrou a Nova York, onde tivo que manter soa os seus catro fillos. Foi daquela cando comezou a escribir A bruxa novata, cuxa primeira parte se publicou en 1945 e a segunda, dous anos despois.

Os seus libros infantís lograron unha gran sona mundial e foron adaptados por Disney. A autora faleceu en 1992 en Devon.

____

Traducido ao galego por Moisés Barcia

____

Editorial: Sushi book 09- 2022
Idioma: Galego