Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O PENSADOR ENTRA EN ACCIÓN

€16,00
ISBN 9788416884605
O Pensador, o Picas, Lilibeth e o Sir son amigos e compañeiros de instituto; como xa cursaron xuntos infantil e primaria, coñécense á perfección. Por ese motivo, cando na clase de 3º D empezan a desaparecer obxectos de valor e un dos catro é acusado de ladrón, os outros tres amigos non cren nin por un segundo que cometese roubo ningún e propóñense demostrar a súa inocencia. Non tardan moito en exoneralo e identificar o verdadeiro ladrón, mais o final non é tan feliz como podería parecer…

Christine Nöstlinger naceu en Viena en 1936. Graduada en Belas Artes, en 1970 publicou o seu primeiro libro para nenos, ilustrado por ela mesma, inaugurando así unha extraordinaria carreira no eido da literatura infantil. Traducida a decenas de linguas e galardoada con todos os premios do xénero –singularmente o Hans Christian Andersen, considerado o Nobel da literatura infantil–, revolucionou o panorama rompendo tabús lingüísticos e temáticos para dialogar co mundo da mocidade desde unha perspectiva progresista. Os seus numerosísimos títulos forman parte da educación sentimental de toda unha xeración de europeos que hoxe, nun mundo ben diferente, llelos dan a ler ós fillos. Nöstlinger finou en Viena en 2018.
____
Traducido ao galego por Eva Almazán

____

Editorial: Sushi Books 10-2022
Idioma: Galego