![H2… OH!!! PINGAS CIENTÍFICAS](http://libreriaabrente.es/cdn/shop/products/9788491516286_496x700.jpg?v=1623062842)
Sabías que os cascos protectores inventáronos os paxaros?, ou por que hai espellismos?
A que non te decataras que hai animais que nunca beben auga?, ou por que o número pi é infinito e non remata nunca?
Neste libro has atopar unha morea de curiosidades científicas relacionadas co noso día a día. Cousas simples que temos ao noso carón, pero que teñen un funcionamento moi complexo. Todo contado dun xeito moi sinxelo por María Canosa e as fermosas ilustracións de Luz Beloso.
______
Idioma: Galego