Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

DRÁCULA

€32,50
ISBN 9791399054644

Unhan sombra, sepultada durante séculos, espera na Transilvania. O seu poder maléfico está a piques de estremecer as barulleiras rúas de Londres. Mais un equipo liderado por Mina Harker e Abraham Van Helsing está preparado para enfrontarse ao vampiro entre vampiros.

Drácula é unha das obras máis famosas da literatura popular. Adaptada centos de veces ao cine e á televisión, protagonista de videoxogos e obras narrativas. Mais o universo orixinal creado por Bram Stoker segue a fascinar pola súa combinación de intriga, aventura, sabedoría ancestral e rigor na descrición de personaxes e ambientes.

Que inspirou a Bram Stoker a escribir Drácula?
`O Vampiro´ de Polidori.
Este é o primeiro relato de vampiros que configura a idea que temos do vampiro aristócrata e sedutor nos nosos días e foi a inspiración directa do 'Drácula' de Bram Stoker.
Drácula foi escrita en plena época victoriana e trata de algo moi insólito nesa época: o desexo sexual.
En palabras de Óscar Wilde, "Drácula non foi a novela máis bela que se escribiu xamais" e con todo a obra máis famosa de Stoker converteuse nunha das historias de terror máis icónicas de todos os tempos. A pesar diso o seu autor morreu pobre e esquecido.

Bram Stoker, nado en Clontarf (Dublín) o 8 de novembro de 1847 e finado en Londres o 20 de abril de 1912, foi un escritor irlandés autor de grandes obras de terror.
A máis célebre das súas obras é Drácula, lendario vampiro baseado na personalidade histórica de Vlad Ţepeş, coñecido por Vlad Dacul, o Empalador.
Bram Stoker faleceu o 20 de abril de 1912 sen coñecer o éxito. De feito, morreu pobre e esquecido tras contraer a sífilis nalgún dos escarceos amorosos con prostitutas nos que acompaño ao actor Henry Irving. O seu falecemento coincidiu co afundimento do Titanic, e a súa morte apenas mereceu un breve recordo nos obituarios da prensa da época.
Obra traducida ao galego
Drácula (Xerais, 1999). Tradución de Xela Arias.
A gorida do verme branco (Urco, 2009). Tradución de Tomás González Ahola.
"A casa do xuíz", en Contos de fantasmas (Ed. Tristram, 1995). Tradución a cargo do equipo editorial.

____

Editorial: Aira 09-2025
Idioma: Galego
Páxinas:475
NARRATIVA
CLASICOS ILUSTRADOS
XUVENIL E ADULTOS