Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!
LIBROS LORREF

LIBROS LORREF

Na sociedade contemporánea (e mais aínda na Galicia actual) o libro é unha práctica de expresión comercial asociada definitivamente ao capital simbólico do poder e ás institucións que exercen ese poder a favor do consumismo e do capitalismo corporativo e bla, bla, bla... Asumimos que existe unha industria editorial (pública e privada) e que existe por algún motivo, que inevitablemente ten unha finalidade económica. Pero non estamos necesariamente nese paradigma. Para Libros Lorref, o diñeiro é a parte máis aburrida de todo o proceso. En cambio, preocupámonos por crear, facer ben as cousas, ser coherentes, ser xenerosos e facer que a xente se sinta ben participando. Polo tanto faremos libros que non pertenzan ao catálogo bibliográfico meramente comercial nin ao canon da edición convencional. Non temos plans a longo prazo. Agardamos que haxa xente que participe da existencia de Libros Lorref e que estea encantada de apoiala. Se non é divertido e se non vemos que o que estamos a facer é "bonito" e está ben feito, rematará máis cedo que tarde.