{"title":"LIBROS LORREF","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eNa sociedade contemporánea (e mais aínda na Galicia actual) o libro é unha práctica de expresión comercial asociada definitivamente ao capital simbólico do poder e ás institucións que exercen ese poder a favor do consumismo e do capitalismo corporativo e bla, bla, bla... Asumimos que existe unha industria editorial (pública e privada) e que existe por algún motivo, que inevitablemente ten unha finalidade económica. Pero non estamos necesariamente nese paradigma. Para Libros Lorref, o diñeiro é a parte máis aburrida de todo o proceso. En cambio, preocupámonos por crear, facer ben as cousas, ser coherentes, ser xenerosos e facer que a xente se sinta ben participando. Polo tanto faremos libros que non pertenzan ao catálogo bibliográfico meramente comercial nin ao canon da edición convencional. Non temos plans a longo prazo. Agardamos que haxa xente que participe da existencia de Libros Lorref e que estea encantada de apoiala. Se non é divertido e se non vemos que o que estamos a facer é \"bonito\" e está ben feito, rematará máis cedo que tarde.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","products":[{"product_id":"a-construcion-da-nacion-desde-o-realismo-politico","title":"A CONSTRUCIÓN DA NACIÓN DESDE O REALISMO POLÍTICO","description":"\u003cdiv\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e\u003cspan\u003eVelaquí unha obra que compila, coherentemente, artigos que nos achegan a figuras e a momentos da historia do nacionalismo e do país, sempre en conexión con este presente aberto e convulso sobre o que Manuel López Foxo non renuncia a actuar. Se algo latexa e sobresae neles, sobre todo o demais, son o amor e a xenerosidade que o autor pousa –ou cos que mira– o noso país e a nosa xente, sempre cun profundo sentido do realismo político na súa acción, e co exemplo luminoso do Partido Galeguista de Castelao e Bóveda como faro. Este libro é un convite, mais tamén unha proposta. O país, sempre por diante. As mans, tendidas a xeitos ben diferentes de comprender e de sentir a nación que compartimos. O pasado puido ser diferente. Mais a nosa obriga, hoxe, é soñar o futuro. E traballarmos, no presente, para facelo realidade.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e\u003cspan\u003eA construción da nación desde o realismo político\u003cbr\u003eI. O avó galeguista de Mariano Rajoy que a dereita galega nunca reivindicou\u003cbr\u003eII. O nacionalismo galego na II República:\u003cbr\u003eunha lección de realismo político\u003cbr\u003eIII. A disolución do Partido Galeguista no interior IV. Xuño do 77: da ilusión á realidade\u003cbr\u003eV. A ausencia do exilio: outro déficit da Transición\u003cbr\u003eVI. Camilo Nogueira: a construción da nación\u003cbr\u003edesde o realismo político\u003cbr\u003eVII. O relato silenciado do bipartito\u003cbr\u003eVIII. Alfredo Suárez Canal, sempre á procura dun discreto segundo plano\u003cbr\u003eIX. As tres grandes contribucións\u003cbr\u003edo nacionalismo ao autogoberno de Galiza\u003cbr\u003eX. Nin a Ramón Piñeiro lle serviría de nada hoxe unha mesa camilla\u003cbr\u003eXI. Carta aberta a Alfonso Rueda, diante do Ano Castelao\u003cbr\u003eXII. Nacionalismo e Galeguismo\u003cbr\u003eXIII. Ser oposición e pensar como goberno\u003cbr\u003eXIV. Da autonomía limitada ao autogoberno real\u003cbr\u003eXV. Nin coa axuda de san Froilán, señor Besteiro XVI. O soño de Bóveda, a teima de Castelao\u003cbr\u003eXVII. Afortunados nós, que nunca tivemos que renegar dos nosos referentes\u003cbr\u003eXVII. Francisco Carballo nas Cortes da Transición.\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e \u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e\u003cspan\u003e\u003cstrong\u003eManuel López Foxo \u003c\/strong\u003e(Ortigueira, 1960) é articulista desde os dezaseis anos. Crítica literaria, xornalismo cultural e columna de opinión. \u003cbr\u003eMedios nos que colaborou: La Voz de Ortigueira, El Ideal Gallego, Da Terra e dos tempos (Radio Nacional de España), A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Progreso, Revista Ortegal, Terras do Ortegal, Terra e Tempo, Sermos Galiza, Nós Diario, Mundiario, Dorna (Universidade Santiago), Mundaiz (Universidade de Deusto) e Serta (UNED). Cordinador xeral da Universidade Popular de Ortigueira entre 1989 e 1991. Director de Edicións O Paporroibo. Divulgador cultural e autor, entre outras, das seguintes publicacións: As letras galegas en La Voz de Ortigueira (1916-1936), Ortigueira na Cultura Galega, O País de Nós, Os vellos: a memoria da vida e unha cultura que se perde, Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995), Prosas apaixonadas, O pracer de reler e Literatura e País. Antólogo da obra poética de Manuel María\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e\u003csvg class=\"w-5 h-5 text-slate-400\" stroke-linejoin=\"round\" stroke-linecap=\"round\" stroke-width=\"2\" stroke=\"currentColor\" fill=\"none\" viewbox=\"0 0 24 24\" height=\"24\" width=\"24\" xmlns=\"http:\/\/www.w3.org\/2000\/svg\"\u003e\u003crect ry=\"2\" rx=\"2\" y=\"4\" x=\"3\" height=\"18\" width=\"18\"\u003e\u003c\/rect\u003e\u003cline y2=\"6\" y1=\"2\" x2=\"16\" x1=\"16\"\u003e\u003c\/line\u003e\u003cline y2=\"6\" y1=\"2\" x2=\"8\" x1=\"8\"\u003e\u003c\/line\u003e\u003cline y2=\"10\" y1=\"10\" x2=\"21\" x1=\"3\"\u003e\u003c\/line\u003e\u003c\/svg\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cul id=\"moreinfo\" class=\"tm_productinner tab-pane active\"\u003e\u003c\/ul\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e_____\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e Editorial: Libros Lorref 12-2025\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 156\u003cbr\u003eENSAIO\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eNACIONALISMO\u003cbr\u003ePARTIDO GALEGUISTA\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"XOSÉ MANUEL DEL CAÑO","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51883819073883,"sku":"9791399037241","price":14.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/979139903724.jpg?v=1765459193"},{"product_id":"opcions-descargar-ficha-enviar-ficha-informacion-de-cliente-movementos-depositos-cos-pes-na-terra","title":"COS PÉS NA TERRA","description":"\u003cdiv\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e\u003cstrong\u003eConversas entre A. Carrodeguas e Antonio Carlos Pereira Menaut.\u003c\/strong\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e\u003cspan\u003eQue leccións nos deixa o mapa político galego un ano despois das eleccións de 2024?\u003cbr\u003eTen futuro o nacionalismo galego no século XXI, cunha Unión Europea en constante expansión de poderes e competencias?\u003cbr\u003eQue implicacións políticas concretas conleva, máis aló dun certo autogoberno?\u003cbr\u003eApuntará, tendencialmente, cara ao independentismo ou podería integrarse nun modelo federal?\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eNeste breve e lúcido libro, Alexandre Carrodeguas establece unha serie de conversacións co catedrático Antonio-Carlos Pereira Menaut, sempre coa intención de razoar con sensatez e Cos pés na terra. \u003cbr\u003eLonxe da formalidade académica, moitos destes diálogos xorden espontaneamente, compartindo mesa e cervexas con amigos comúns, rememorando o espírito dos faladoiros de Chesterton no \"Mooreeffoc\" ou as de Tolkien no \"Eagle and Child\". \u003cbr\u003eO prólogo corre a cargo de Iván Arias, habitual participante nestas enriquecedoras charlas, e o epílogo asínao o recoñecido profesor Miguel Bastos. Unha lectura esencial para comprender as complexidades da vida política galega contemporáneo. \u003cbr\u003eUn libro que analiza a política galega actual desde as eleccións galegas de 2024.\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e\u003cspan\u003eCOS PÉS NA TERRA\u003cbr\u003eI. Introdución. A voltas coas pasadas eleccións do 18 de febrero de 2024\u003cbr\u003eII. Existe unha identidade galega?\u003cbr\u003eIII. A voltas co noso nacionalismo\u003cbr\u003eIV. Galicia, Portugal, Europa\u003cbr\u003eV. Cara un estatismo galego?\u003cbr\u003eVI. Para rematar, federalismo\u003cbr\u003eComentarios a modo de conclusión\u003cbr\u003eMiguel Anxo Bastos Boubeta\u003cbr\u003eApéndice: Por que somos os mellores, e outras «questiones otiosae»\u003cbr\u003eI. Por «Via introductoria»\u003cbr\u003eII. Por que somos os mellores\u003cbr\u003eA nosa superioridade no mundo de hoxe\u003cbr\u003eA historia do xenófilo decepcionado\u003cbr\u003eIII. Que é Galicia\u003cbr\u003ePrimeira proposición: Galicia é unha mestura .. 216\u003cbr\u003eSegunda proposición: Galicia é unha persoa... \u003cbr\u003eTerceira proposición: Galicia é unha casa\u003cbr\u003eCuarta proposición: Galicia é parte de nós; nós estamos feitos dela\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e_____\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cul class=\"tm_productinner tab-pane active\" id=\"moreinfo\"\u003e\u003c\/ul\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e Editorial: Libros Lorref 12-2025\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 228\u003cbr\u003eENSAIO\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eNACIONALISMO\u003cbr\u003ePARTIDO GALEGUISTA\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"ANTONIO-CARLOS PEREIRA MENAUT; ALEXANDRE CARRODEGUAS","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51883869372763,"sku":null,"price":14.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/979139903723.jpg?v=1765459938"},{"product_id":"ferrol-unha-viaxe-pola-alma-da-cidade","title":"FERROL UNHA VIAXE POLA ALMA DA CIDADE","description":"\u003cdiv\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003eFerrol —corrobora Loureiro, Premio Julio Camba— é unha cidade absolutamente singular, que non se parece a ningunha outra. A Antonio Tabucchi, amigo do que me acordo moito, díxenlle un día en Ferrol: \"Aquí é onde remata Europa, Antonio\". E el respondeume: \"Non, é onde Europa comeza\". E tiña razón». A través de breves textos de indubidable alento poético —recuperados, reescritos e actualizados para a ocasión—, que enriquecen as imaxes de Díaz Trigo, tamén cheas de simbolismo —cuxa mirada axuda a contemplar e chegar alén da evidencia—, indaga a verdade «dun lugar máxico, feito, esencialmente, de luz e de literatura; un espazo cun pasado fascinante e que confío en que teña un marabilloso futuro tamén». «Ferrol —confesa o autor de As galeras de Normandía— é unha cidade á que llo debo todo, e pola que sinto un inmenso afecto.\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e\u003cstrong\u003ePresentación, José A. Ponte Far\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003eSe na cidade das luces do Atlántico, un viaxeiro...\u003cbr\u003eOs desexos da coroa\u003cbr\u003eA Real Vila da Graña\u003cbr\u003eA casa de Torrente Ballester\u003cbr\u003eNo alto, Chamorro\u003cbr\u003eAnte o Arsenal, o teatro Jofre\u003cbr\u003eO antigo foxo\u003cbr\u003eDespois das áncoras\u003cbr\u003eA Sala de Armas\u003cbr\u003eAs igrexas e a Gran Paixón do Norte\u003cbr\u003eConstrucións moi diversas\u003cbr\u003eA Magdalena\u003cbr\u003eA herdanza das simetrías\u003cbr\u003eCara ao modernismo de Rodolfo Ucha\u003cbr\u003eDos cafés e dos faladoiros e da arte de soñar\u003cbr\u003eA tradición de cantar\u003cbr\u003eMáxicas sombras, raras presenzas\u003cbr\u003ePequenos prodixios en movemento no Belén da Orde Terceira\u003cbr\u003eAntes de partir\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e\u003cspan\u003e\u003cstrong\u003eRamón Loureiro, \u003c\/strong\u003ePremio Julio Camba, é un autor que corrobora a singularidade de Ferrol. A través dos seus textos, indaga a verdade dun lugar máxico, feito de luz e literatura, cun pasado fascinante e un futuro prometedor. Sente un inmenso afecto por Ferrol, cidade á que llo debo todo.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e\u003csvg class=\"w-5 h-5 text-slate-400\" stroke-linejoin=\"round\" stroke-linecap=\"round\" stroke-width=\"2\" stroke=\"currentColor\" fill=\"none\" viewbox=\"0 0 24 24\" height=\"24\" width=\"24\" xmlns=\"http:\/\/www.w3.org\/2000\/svg\"\u003e\u003crect ry=\"2\" rx=\"2\" y=\"4\" x=\"3\" height=\"18\" width=\"18\"\u003e\u003c\/rect\u003e\u003cline y2=\"6\" y1=\"2\" x2=\"16\" x1=\"16\"\u003e\u003c\/line\u003e\u003cline y2=\"6\" y1=\"2\" x2=\"8\" x1=\"8\"\u003e\u003c\/line\u003e\u003cline y2=\"10\" y1=\"10\" x2=\"21\" x1=\"3\"\u003e\u003c\/line\u003e\u003c\/svg\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cul id=\"moreinfo\" class=\"tm_productinner tab-pane active\"\u003e\u003c\/ul\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e Editorial: Libros Lorref 12-2025\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 228\u003cbr\u003eENSAIO\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eFOTOGRAFÍA\u003cbr\u003eHITORIA\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e \u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e \u003c\/p\u003e","brand":"Ramón Loureiro","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51883899650395,"sku":null,"price":19.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978841218509.jpg?v=1765460167"},{"product_id":"obras-publicas","title":"OBRAS PÚBLICAS","description":"\u003cdiv\u003e\n\u003cdiv class=\"elementContent\"\u003e\n\u003cdiv class=\"row\"\u003e\n\u003cdiv class=\"col-12\"\u003e\n\u003cp class=\"elementSynopsis\"\u003eObras públicas é unha escolma de textos de Marcos Lorenzo publicados en diferentes revistas, blogues e folletos entre os anos 2006 e 2015. Unha sorte de apuntes ao natural sobre temas tan variados como a noción de liberdade, o fútbol, deus, a ciencia, o tabaco, a prensa ou a memoria, e sempre desde unha mirada antropolóxica non exenta de humor. Ao longo das súas páxinas desvélase cantos lugares comúns, perfectamente absurdos ou insignificantes, empregados no noso pensamento cotián ou no debate público.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eO capítulo final, Galicia en liquidación, bosquexa unha teoría sobre o proceso de moderniación do país na segunda metade do século XX.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eCon este libro inagúrase a colección editorial Intemperie, dedicada a analizar o cambio social e cultural na Galicia das últimas decadas, asi como a estimular a reflexión sobre os dilemas do presente ou as perspectivas de futuro.\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cul id=\"moreinfo\" class=\"tm_productinner tab-pane active\"\u003e\u003c\/ul\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e Editorial: Libros Lorref 04-2026\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 92\u003cbr\u003eENSAIO\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eSOCIOLOXÍA\u003cbr\u003eHITORIA\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e \u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e \u003c\/p\u003e","brand":"Marcos Lorenzo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52848076751195,"sku":"9791399037203","price":14.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/979139903720.jpg?v=1776788567"},{"product_id":"de-esto-a-aquello","title":"DE ESTO A AQUELLO","description":"\u003cdiv\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e\u003cspan\u003eA tradición viva é un \"lume\" dinámico, oposto ás \"cinzas\" estáticas e mortas. Esta idea é eminentemente hegeliana, onde o progreso se constrúe sobre a base do pasado, que debe ser conservado e non meramente repetido. O pasado é unha \"chama viva\" que impulsa a mellora do futuro e José Rafael Herrera encarna esta visión. Partindo dunha situación complexa e específica, extrae principios universais do pensamento político e ético. A súa obra compárase neste punto coa de Unamuno pola súa habilidade para atopar o universal no concreto. A urxencia do pensamento filosófico, que deixa de ser un luxo para converterse nunha \"razón de supervivencia\", debe abordar principios éticos e políticos universais, conectando esta realidade cos grandes pensadores do pasado (Spinoza, Vico, Shakespeare ou Jung) mostrando a filosofía na acción que nunca debeu perder. Este libro de Herrera é un exemplo de como manter vivo o \"lume\" da tradición, renovando as ideas e mantendo o espírito en movemento de forma espléndida e intelixente.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"text-slate-600 mb-6 leading-relaxed text-lg\"\u003e_____\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cul class=\"tm_productinner tab-pane active\" id=\"moreinfo\"\u003e\u003c\/ul\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e Editorial: Libros Lorref  05-2026\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 240\u003cbr\u003eENSAIO\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eFILOSOFÍA\u003cbr\u003ePENSAMENTO\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"JOSÉ RAFAEL HERRERA","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52918342877531,"sku":"9791399037210","price":14.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/979139903721.jpg?v=1777979229"}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/collections\/16ced4b2351c9e87d5b30f030c00d6e2.webp?v=1765459803","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/collections\/libros-lorref.oembed?constraint=idioma_galego","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}