Todas as casas agochan algún misterio... Sábeo ben Mortiña, que descubriu na biblioteca de Vila Decadente un pasadizo secreto que leva a unha porta cerrada cun estraño pecho. Para descubrir que se oculta aló detrás, Mortiña emprenderá co seu curmán Dilbert e o seu fiel galgo Tristeiro unha viaxe chea de sorpresas e aventuras. Detrás daquela porta, efectivamente, atopará a resposta á única verdadeira pregunta: por que a súa familia é unha familia... zombi?
Unha nova aventura da nena zombi que está facendo esmendrellarse de risa a todo o mundo.
Autora: Barbara Cantini
Barbara Cantini naceu en Florencia en 1977. Despois de licenciarse diplomouse en cine de animación. Traballou como animadora de debuxos animados en varias series de TV para a RAI ata o 2011, cando gañou o concurso “O ilustrador do ano”. Desde aquela dedícase a tempo completo á ilustración e colabora con editores americanos, ingleses e italianos. Vive no campo florentino co seu marido, as súas dúas fillas, catro gatos e un atrevido hámster… xa zombi. No 2017 publicou Mortiña, o primeiro volume da serie, un éxito internacional traducido a vinte e tres linguas, ao que seguiu no 2018 Mortiña. Un curmán repugnante.
____
Editorial: Hércules 09-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 72
TAPA DURA
NARRATIVA INFANTIL