Por fin, os seus esforzos tiñan recompensa: Mago Rosa conseguira facer unha bolsa de coiro que tragaba todo. Abondaba con dicir: OEMOC! (unha palabra que, dada a volta, deixa de ser máxica)
Despois de moitos experimentos, o Mago Rosa atopa unha fórmula para satisfacer a súa avaricia ilimitada.
A partir deste momento empeza a encher a súa bolsa, á orde de Oemoc! (Cómeo!, ao revés). Así arrampla con todo na xastrería, no mercado, no banco -empregados e clientes incluídos- e ata no palacio máis fastoso da rexión.
Con todo, o seu periplo incontrolable vese interrompido cando se atopa cunha bondadoso maceira que non dubida en enfrontarse a el para protexer a un paxariño indefenso.
E a saber por que, a maxia non funciona con aquel paxaro.
Este conto demostra que non hai inimigo pequeno: unha simple árbore e un ave diminuta son capaces de tolear un mago e ata neutralizar os seus poderes.
Cun texto divertido e algo canalla, Txabi Arnal presenta unha orixinal proposta sobre un tema case inherente á condición humana e sempre de actualidade: os privilexios e o abuso de poder.
A ilustradora iraniana Rashin Kheiriyeh, utilizando unha combinación de técnicas de óleo, colaxe e gravado, salienta o ton cómico do texto e, cómplice do autor, fai xustiza desde a ilustración, cun divertido e merecido “castigo” para o malfeitor Mago, que provocará satisfacción e un sorriso en todos os lectores.
____
Editorial: OQO editora 06-2025
Idioma: Galego
Páximas: 3
INFANTIL
A PARTIR DE 5 A 6 AÑOS