Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

CAMPAMENTOS DE VERÁN 7G

€16,00
ISBN 9791399122701

ESTE LIBRO É DIFERENTE.
O que ocorra nesta historia está nas túas mans.
Ti es quen decide.
Atoparás riscos, dilemas e aventuras. Terás que tomar decisións e resolver enigmas. Deberás usar as túas habilidades e o teu enxeño. Unha mala decisión pode provocar un desastre… ou mesmo a morte! Mais non desesperes. En calquera momento podes recuar e escoller outra opción, podes cambiar o rumbo da túa historia.
Mergúllate na emoción dos campamentos de verán 7G. Talvez fagas novas amizades. Quizais namores. Se cadra vives as mellores vacacións da túa vida. Ou talvez non. Quizais non consigas regresar á casa. Se cadra non podes contar nunca que estiveches alí...

Atréveste ?
Pase o que pase...
Boa sorte!

____

Editorial: Boadicea  02- 2026
Idioma:  Galego
Páxinas: 109
NARRATIVA INFANTIL XUVENIL
A PARTIR DE 8 ANOS