Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

AS MIL VIDAS DE DOROTEA

€14,00
ISBN 9788412160468
Nenas e nenos! Señoras e señores! Permanezan en silencio e apaguen os seus teléfonos. Nuns intres, dará comezo a peza teatral “As mil vidas de Dorotea”. Prometemos que durante os tres actos que forman esta obra, pasarán por un feixe de estados de ánimo e, ao mesmo tempo, coñecerán a historia de Dorotea Bárcena, a mestra, actriz, dramaturga e muller brava, que traballou moito e moi duro por facer o que máis quería: teatro. Pasen e lean!

Lorena Conde
Ponte Sampaio 1980, é unha actriz, dramaturga[1] e poeta galega.É licenciada en Filoloxía Hispánica e posgraduada en Arte Dramática pola USC. Así mesmo, é graduada Superior en Artes Aplicadas da Escultura pola EASD Mestre Mateo.
Comezou no teatro universitario, primeiro como actriz e máis tarde como directora. Dende 1999 traballa como actriz en varias compañías galegas. A partir do ano ano 2000 comezou a traballar como directoras de compañías teatrais como Captatio Benevolentiae, Enlata Teatro, ou Farrapo Teatro. En 2013 foi cofundadora de Matrioshka Teatro -coa que gañou varios premios María Casares.
Na súa faceta de poeta, gañou a XVIII edición do premio Miguel González Garcés (2016) co libro Entullo.
 

____

Editorial: Cuarto de inverno
Idioma: Galego
Colección: INFANTIL