Unha historia de Leopolda Diéguez
Nunha encrucillada de camiños Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia de Daniel, un neno que quere ser superheroe. Unha tarde sae á rúa en busca de aventuras coa súa capa e cun colgante en forma de sol. Non imaxina que está a piques de comezar unha viaxe emocionante ao lado de Virxilia, a nena de Vila Ambrosia. O mundo das abellas máxicas de Eiramae está en perigo, pero que pode facer un superheroe que non soporta os insectos, por moi máxicos que sexan?
____
Editorial: XeraisIdioma: Galego