Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

SÁLICE E SÁNDALA

€14,50
ISBN 9788412545227

Esta novela infantil/xuvenil ilustrada fantástica, presenta unha historia de amizade e loita contra o abuso. A través dos protagonistas viviremos aventuras en prol dun mundo mellor, representando valores universais como a defensa da liberdade, a igualdade e a democracia.

Este libro tamén o poderías titular Os catro malistrostras de Veleiquí. Porque a historia existe grazas a que os dous ministros e as dúas ministras deste país derrocaron o rei e a raíña e decretaron o seu desterro. Pero non contaban con que Sali, para ir en busca dos pais, acabou fugándose coa súa boa amiga Sanda. A medida que vaias lendo, poderás acompañalos na súa perigosa expedición, descubrir a maleta do señor Serán, falar con axentes secretos, esconderte dos xentecontras, navegar nun barco de dornas, avanzar de noite cun fachón, darte de alta na Liga Veleiquiense de Sinonimia, asistir á Festa da Risa e, se lle pos imaxinación, aínda te poderás presentar nas próximas eleccións para rei ou raíña da terra que ten por bandeira unha flor de centáurea sobre campo verde.

____

Editorial: Antela 10-2022
Idioma: Galego